No Pazo Derruido da Existencia

Xerión

Tremo só no silencio 
Mentres caio polo abismo infinito 
Mentres ela, agora muda ante os meus ollos se dispón a levarme, a liberarme 
E o pasado, todo valeiro 
Que insiste en recorda-lo paraíso 
Pasa diante miña o que fun, 
Os que foron, os que non voltarán, sen Destiño 
E os frondosos bosques 
Que coa súa fragancia no recordo me levan lonxe murmuran entre eles, vermello outono que a vida sen paixón é un vano suplicio 
Mentres ollo o hourizonte recortado 
Pola fiestra de vidas separadas 
E repito os tristes cantos de vellos bardos que un home sen recordos non existe
Page 1 / 1

Lyrics and title
Chords and artist

reset settings
OK