Revolución Revolución Revolución Por fin, témo-la oportunidade De berra-la nosa revolución Isto é certo, é real Non temos nada que ocultar Queremos demostra-la realidade Dun país como é Galiza Non queremos demostralo con criminalidade Nós con rimas decimo-la verdade Neste lugar non todos somos traficantes Aínda quedamos os bos e xenerosos Moitos galegos estiveron a loitar Pra na nosa lingua, poder falar Ista loita non rematou Aínda queda moito por conquistar! Por culpa duns mangallóns Quedamos sen a nosa liberdade O peor é que os iñorantes Din que só serve pra falar coas vacas! Deixáronnos en bolas por todos lados E aínda por riba quedamos de parvos Estamos fartos que nos den de lado! Que nos tomen coma fracasados! Os galegos somos algo máis Cos do norte de Portugal Dos galegos queremos falar Non de vascos, nin de cataláns Con estas rimas queremos lembrar A Curros, Rosalía e Pondal Que pola nosa lingua traballaron E por ela tamén loitaron Moitas grazas temos que darlles Por deixarnos o galego de antes A Cultura de Galiza está nas túas mans Cóidaa ben e non mires atrás! A revolución queremos facer E xa temos semente de vencer! Queremos Galego nas nosas vidas Cidades e pobos con romarías! Nunca máis termos que berrar Os nosos montes están a queimar! A cuota leiteira, a cuota pesqueira Deixan ao pobo esfameado Castellanos de castilla o xogo rematou Nazón de Breogán está a espertar!