Millor morto, que mal nacido Millor xudas, que bendito Nesta vida tes que espabilar A lei da vantaxe tes que aplicar Imos beber ata morrer Na festa salvaxe que imos facer! Pícalle ao demo con moita carraxe Que a peña non o invitase! Adiós ríos, adiós fontes! Seguirán queimando os montes! Ai jusé, jusé que ghosada! Mira que mola esta foghata! Un can perdigheiro tirado no monte Anda tras túa, buscando a súa morte! Vida salvaxe tes que escapar Van a por ti, vante matar! Andan tras túa as escuadras da noite Escapa correndo estás á súa sorte Maldito demo, énchete de medo Maldito demo, pápate o cerebro Maldito demo estase achegando Durme meu neno, durme mamón! Quizais mañá non saia o sol Botan noticias no teu televisor Ves a morte, e sentes pavor Obuses milenarios cruzan as cidades Rematando co destino da humanidade Paxaros de lata sucando o ceo Caghando bombas, a destro e sinistro! A xente corre despavorida Cara as súas casas que están destruídas! Vendo isto, tiñas que chorar Ti non te preocupas e cambias de canal Ollos que non ven, socios da ONCE Corazón que non sente, bátelle forte! Chegou o terrorismo, rematou a túa sorte E sobre as túas costas, a sombra dun voitre O Maldito demo estate observando Nas portas do inferno estate agardando Maldito demo, énchete de medo Maldito demo, pápate o cerebro Maldito demo estase achegando