dun en un desfian á lus dun en un non falta ningun dous a dous ninguén os mirou dous a dous saíron ao chou tres a tres lles sangan os pés catro a catro non perden o paso cinco a cinco subiron o risco seis a seis botaron aos reis canta dignidade estás disposta a perder? cantas obras vivas decidi-ches vender? como vas facer pra sair viva de aqui? con cantas mentiras vas cargar o fusil? sete a sete é que cheira que fede oito a oito estragaron os froitos nove a nove asi morre o pobre dez a dez a empezar outra vez ónde van os soños que afogaban a dor? ónde as coordenadas esgotadas do amor? qué vas ter á beira cando pechen a man? qué rima escondida vas deixar pra o final? dun en un non miran atrás dun en un excavan cas pás dous a dous a nai que os botou tres a tres non falta ninguén dun en un desfian a lus dun en un baixa axiña da crus dous a dous están mirando pra nós