na noite de aquel dia frio e sen lua atopei-me cunha panda paseando pola rua e dixeron-me "oe ti, achega-te por favor alucinan 7lvvas, senta aqui e toca algo oh!" deixaron-me a guitarra e empecei-lles a cantar 1X1, Calexóns e Estrela Fugaz finalizou a paródia, paseei pola alameda atopei-me cuns amigos e fumos pra a discoteca, ali a morena, a loira, pasaron onda min, torcian a cara, non paraban de rir "que horror, que horror de tío me acabo de encontrar" "si se acerca me da algo" "vaya pinta de paspán" estando eu na barra achegou-se aquel tipo e dixo-me que el xa non era o meu amigo e en realidade non o era até que me amenazou con pegar-me por meter-me coa sua chorba, o seu bombón e ao final dou-me de hóstias até facer-me viaxar e como era insumiso ninguén o quixo denunciar a viaxe foi moi longa, véu meu pai pra rescatar-me dixo "vén pra aqui, meu fillo, vén que imos arreglar-che" quitaron-me a cara -- ben desfeita que a tiña e puxeron-me outra nova de cristal e fibra a loira, a morena, quitaron-me a bailar e até o policia de turno queria-me enredar de pronto chegou ela coa sua excitante mirada e inda que o disimulaba sei que estaba colocada dixo "tio estás coma un tren! cala a boca e vén follar-me este chorbo non da o callo i eu quero deitar-me con alguén que me arrevente, que mo faga como dios" fun correndo pra os servícios e o meu corpo vomitou de súpeto atopei-me deitado nunha cama miña nai ao meu carón e os amigos pola casa estaban preocupados polos meus osíños o raposo, a princesiña e até o fillo do viciño; lembrei, toquei a cara a ver se era de cristal pero era de óso e carne, 'cago na hóstia, menos mal!