escoitade moi atentos todo o que vos vou contar tiven que ir-me de Inglaterra condenado pra ultramar atoparon-me culpável, é culpável dixo o xuiz cadea perpétua para Jim Jones, a senténcia ha-se cumprir; mas antes de ir ficar ali, encadeado no baixel cumpre a lei en Botany Bay ou te van colgar di el ou te van colgar di el, e aló te vas Jim Jones os corvos han cebar-se en ti ao colgares do pau maior navegando xa por altamar, uns piratas ao solpor abordaron a goleta, resistiu o batallón remataron por viraren e brindou-se polo rei eu faria-me pirata antes de brindar por el; coas tormentas ameazantes e zoupando-lle ao baixel gostaria-me afundir no mar antes que ir a New South Wales ali non vai ter piedade, din, fora a i-alma ben-cho sei sairá-che a pel a tiras, Jim, azoutado en Botany Bay e aqui sigo noite e dia, as cadeas a chirriar siguen sona que te sonan até a morte a te humillar e por iso é que as arrastro até o lume onde vou xunguir as miñas forzas con Jack Donahue e co. cando a noite dos siléncios faga trunfar o motin colgarei a eses tiranos, pasarei-nos co fusil vou facer que as paguen todas, de xionllos os porei van-se arrepentir de ter traído aqui a Jim Jones a Botany Bay