toda a noite nús sos na táboa da nazón de Arthur vexo-te agora só en cores crús nun mundo paixonal ruas estreitas fan-lle eco ao son do tulleito ritmo do tambor que lembra amores, que me lembra a nós nados xuntos tempo atrás só cando vin que xa ías marchar só cando vin que ías en sério eras lus eras quen eras tan doada de ver ai amor boto a faltar beizos no tempo do espello noutra volta axil a nai natura xoga contra si pois ela sabe xa de ti e de min nados xuntos tempo atrás só cando vin que ías mal ma xoguei só cando vin as bágoas nos ollos fuches mar fuches fe fuches voz fuches muller ai amor non hei mentir só vexo un pozo sen fondo neste universo de mistério e lus nas ondas máxicas dos soños de un penso nos teus voltando onda Arthur nados xuntos tempo atrás