pai de pais Neptuno xa oín o sinal cando tiña tres anos xa soñaba cos barcos con sair a navegar a bater-me co mar a bater-me co mar eu coma outros homes troquei velas por vapor vin-che as entrañas busquei tesouros nas bágoas do solpor fun soñador fun soñador eu son-che un pirata xa non quedan hoxe, xa o sei os canóns non disparan os estoques non matan son-che cousas do destino e das leis tarde cheguei, tarde piei saín ao contrabando roubei millóns en botins forrei-me de cartos manexei governos gastei mais do que collin e nunca o sentin nunca o sentin levo borracho desde antonte ao solpor cantando, brincando e brindando con ron pero debo deter-me e pensar en volveres xuntar-me coa banda outra vez só cos fideis só cos fideis busco mulleres xoves leitos pra me deitar inda que escape sei que xa non hai naves que me sirvan pra voltar a facer-me rapaz a facer-me rapaz pai de pais Neptuno dispois de tanto loitar non son mais que un parado i é que manda carallo que haxa hóstias por querer traballar eu aqui estou de mais fai-me sítio no mar eu aqui estou de mais fai-me sítio no mar