venden postais dos aforcados xa dan pasaporte aos ladróns os mariñeiros xa voltaron, o circo xa chegou no mosteiro os frades trinitários xa non poden escrivir xa non erguen as suas plumas nen hai pan que bendecir e nas camas, baixo as mantas as prostitutas piden por favor que Ari i eu vixiemos desde a rua da desolación desprovista das suas cinzas cos zapatos de cristal ve-la aí vai facendo dedo puro estilo Kerouac; a iso das doce e sen casco vén Romeo na sua K-100 ela bota-lle un surriso e monta agarradiña a el; non hai alma, ninguén baila dan as cinco no reló só queda Cenicienta barre a rua da desolación lua chea, case oculta e as estrelas que finxen sair os meigallos xa se esconden ninguén sabe o seu porvir; todo o mundo excepto Ovídio, Quazimodo ou don Fermin, todo o mundo fai o amor ou polo menos iso é o que din e Santa Teresa reza vai sair de procesión; oe-se o cruxir das camas desde a rua da desolación Ofélia está na fiestra qué vai ser dela?, eu non sei; só ten vintedous anos e aparenta oitenta e seis; leva postos sete brancos cinturóns de castidade, afogada en misticismo, falta de vitalidade; moi a pesar da sua moral e dos dogmas da relixión, envidiosa mira ás mozas que hai na rua da desolación Einstein vai de Robin Hood escondido no disfraz paseando mentras pensa sobre a relatividade; vai chupando o seu cigarro, entre sombras chega á lus, solta enteiro o alfabeto e logo invoca a Belcebu; endexamais poderias pensar en toda a fama que acadou aquel fraco violinista pola rua da desolación na consulta don Merdiña garda o mundo no caixón, un minuto por paciente vale o título de doutor; ten un taco de recetas, bota a firma con plumin, a enfermeira, moi boa moza pinta os beizos de carmin e se non chegan pacientes colle e baixa os pantalóns; non hai sexo sen mornura pola rua da desolación colocaron xa as pancartas, anunciou-se xa o festin, convidaron ao Tenório e ao marqués de Bradomin; dirixindo a ceremónia o Chepas de Notredame envenena coas suas verbas ao larpeiro de don Juan; chega o Chepas pra lles informar ás mociñas que el encandilou: potro pra don Juan por pernoctar na rua da desolación ao redor da meia noite os axentes de control aos que saben mais que eles levan-nos para a prisón; logo son encadeados a unha máquina infernal, sofren dous ou tres infartos até que a dose letal é inxectada polos homes redentores da razón para que ninguén escape pola rua da desolación rumbo ao cetro de Neptuno zarpou cedo, hoxe ao mencer, o Titanic cheo de homes condenados a morrer: Peckimpah, o Che e Elliott a berrar co capitán e os cantantes de calipso xa están listos pra bailar, fan parellas coas sereas baixo un sol abrasador e xa non hai mais que contar desde a rua da desolación recivin a tua carta onte sobre os homes e as suas razóns cando contabas o que pasaba pensei eu: pobres de nós! toda esa xente da que falas xa sei que non están moi ben, tiven que arranxar-lles as caras e dar-lles algo de comer; pero, por favor, se podes agardar non me mandes mais cartas, non, unicamente que as franquees desde a rua da desolación