señor, señor, di-me ónde nos diriximos a un xuício final sen paliativos non sei se veño ou se me vou pero lembro ter estado aqui, señor señor, señor, inda vivo enfeitizado até cando vou ficar atrapado debo seguir prestando-lle atención? atoparei con ela a paz, señor? vexo a crus de aceiro do seu colo a colgar hai un vento perverso que non para de soplar a desafinada banda toca no calexón onde ela selou o destino pra os dous señor, señor, podo ver a careta pintada podo ver a variña da fada non soporto mais esta tensión con quén podo dialogar aqui, señor? a imaxe derradeira pouco a pouco esvaeceu era un tren de tolos ancorado ao mencer un xitano a axitar a sua bandeira gris dixo "fillo, non é ningun soño, é a realidade de vivir" señor, señor, volquemos estas mesas desoiamos todas esas consignas este sítio perdeu xa o seu valor qué motivo nos retén aqui, señor?