non é a noite a que fai perturbar-se a nosa tranquilidade nós aqui, sen amparo, negando a nosa realidade e Isabel colle a chúvia nas mans para provocar-che; a lus de neón trema no desván mentras tose a vella estufa de gas o tocata sen parar de soar e non hai nada, case nada, que apagar só os latexos febris do corazón da Isabel e estas visións de Rosana que estremecen o meu no sítio onde aprendin a canasta cos jokers e os reis onde as de noite completa viven sen normas e sen leis o vixia alumea e nos pregunta se somos nós os tolos ou se o é el Isabel está nunha silla delicadamente asubia e falando-me craro precisa que Rosana non é miña nos seus ósos ouvea a pantasma da electricidade e estas visións de Rosana flotan no fume do lare o pobre rapaz perdido toma-se en sério iso de vivir rie-se da sua miséria, non lle importa o seu porvir e cando escoita o nome dela sempre fala do seu bico pra min ter cara tén un montón ser é un inutil de pro sempre a falares bobadas no hall co sombreiro coa frol non sei como explicar, non sei qué lle podo facer estas visións de Rosana espertaron-me ao mencer no interior dos museos o Infinito foi procesado din que, dispois de todo, algo asi debe ser ser salvado pola maneira en que surri Mona Lisa pareceu atopá-lo non soporto a estupidez dos miróns desas vellas que rezuman co olor a de bigotes que di "santo dios! que blasfémia!, que horror!" a parella da mula é un esbelto corcel e estas visións de Rosana fan-no todo cruel o chismoso está coa avoa, que finxe preocupar-se por el "di-me de alguén que me quera i eu farei algo por el" mas como di Isabel: "non hai moito en qué escoller, eh?" mentras ela agarda por el; a miña dona aínda non chegou nós só vemos o que está do que foi a capa rosa que unha vez desplegou xamais saberei se foi amada ou amou cando aturdida da escea escapou e rematando toda esta evocación a miña mente estoupou as harmónicas son os laídos do meu corazón e estas visións de Rosana son o que queda do amor